Saltar ao contido principal

O Pleno do Concello de Ferrol aprobou hoxe definitivamente a denominación da AVENIDA DO MAR RAFAEL PILLADO

 O Pleno do Concello de Ferrol aprobou hoxe definitivamente a denominación da AVENIDA DO MAR RAFAEL PILLADO. 

A familia, amigos-as e compañeiras-os  do noso querido Rafael e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a Asociación Veciñal de Caranza e Asociación Galega das Vítimas do Amianto (AGAVIDA), promotoras desta distinción, agradecemos a cantas persoas e entidades colaboraron para facer esto posible, aos Medios de Comunicación por facerse voceiros da iniciativa e dun xeito especial á Corporación Municipal de Ferrol que a refrenda por unanimidade.  

É moi importante o recoñecemento porque servirá para lembrar a vida de coherencia e compromiso de Rafael Pillado e das persoas que, como el, loitaron por acadar e consolidar o estado de benestar e humanizar o progreso