Saltar ao contido principal

CONCENTRACIÓN FERROL PRAZA DE ARMAS

 A violencia de xénero deixa "un ano terríbel" con 5 feminicidios e 21 denuncias diarias


Miles de persoas saíron esta sexta feira ás rúas en toda Galiza convocadas polo movemento feminista galego para condenar o feminicidio de Rejane en Viveiro, o quinto asasinato machista no país este ano. A maxistrada especializada na materia Paz Filgueira define 2024 como “un ano terríbel” para o país.