Estará acompañada pola música en directo de Phil Monsour
Ziadah pertence á terceira xeración de refuxiados palestinos da súa familia. Cando a invasión israelí do sur do Líbano comezou a expulsar á OLP en 1982, a súa familia optou por emigrar e viaxou durante varios anos. Instalouse en Canadá para completar o seu doutoramento en Ciencias Políticas na Universidade de York en Toronto.
Cunha proposta que leva ao público cara a profundidade de temas como a guerra, o exilio, o xénero e o racismo, Rafeef Ziadah é coñecida e recoñecida polas súas performances e pola viralidade das súas propostas. Poemas como “We teach life” (“Nós ensinamos vida”) deron a volta ao mundo poñendo sobre a mesa os efectos do xenocidio sobre o pobo palestino.
Os poemas e escritos de Ziadah tratan do sufrimento do pobo palestino desde que o Estado de Israel ocupa ilegalmente o territorio de Palestina, o dereito ao retorno dos refuxiados e descendientes e da hipocresía do sionismo. Ademais é unha activista implicada da campaña Boicot, Desinversiones e Sancións a Israel (BDS).
O seu último álbum Three Generations (Tres xeracións), é unha invitación a unha conmovedora viaxe a través de Palestina e o Mar mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, “We teach life”, no que a forza da palabra de Rafeef Ziadah únese á música orixinal, xerando un forte impacto no público cos seus recitais.