O traslado do Monumento conmemorativo, obra do artista plástico Xoan Braxe, no que cada ano o Concello de Ferrol organiza a ofrenda institucional, ao verdadeiro lugar onde ocorreron os sucesos daquela data.
A praza contigua, para a que reclamamos a denominación de “PRAZA DO DEZ DE MARZO”.
Monumento que foi reubicado e retranqueado por dúas ocasións, seguindo necesidades de tráfico e hoxe ocupa un lugar no que pasa desapercibido o seu indudable valor artístico e o simbólico dunha das máis significadas características da nosa cidade, o sacrificio e tesón dunha clase obreira
cualificada e concienciada na consecución da democracia e dos dereitos e liberdades de todas e todos.
Acompañamos ao escrito:
- Texto argumentario suscrito por Rafael Pillado Lista, protagonista destacado daquel Dez de Marzo.
- Escrito e relación de personas firmantes protagonistas e familiares dos mesmos.
- Gráfico de reubicación do Monumento