Saltar ao contido principal

NOVAS CONCENTRACIÓNS ESTE LUNS 2 DE DECEMBRO!

  NOVAS CONCENTRACIÓNS ESTE LUNS 2 DE DECEMBRO!

O 29 de novembro é o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino en memoria ao non cumprimento da Resolución 181 e en apoio á poboación palestina. Un ano máis, non hai nada que celebrar; senón denunciar as palabras baleiras das institucións e as resolucións incumpridas sen consecuencias para o estado sionista.
Saímos ás rúas para exixir a Paz e a Liberdade na Palestina, o cumprimento do Dereito Internacional e do Dereito Internacional Humanitario. Lembramos que os estados da #UE están obrigados a cumprir coa orde de arresto contra os criminais de guerra sionistas emitida pola CPI, así como todos os estados que son parte do Estatuto de Roma. O apoio ás decisións do Tribunal non pode ser selectivo: unha aplicación arbitraria das decisións da CPI danaría gravemente o sistema xurídico internacional e a súa xa cuestionada credibilidade.
Mantemos o compromiso de non deixar de falar da #Palestina nin do #Líbano e nin deixarmos de denunciar os crimes do sionismo. A causa da Palestina é a causa da Humanidade!