Saltar ao contido principal

Nota de Prensa da A.C. M.H.D – PRAZA DE AMADA GARCÍA

 


Memoria Histórica Democrática

14:17 (hace 3 horas)
para Asociación, bcc: 

O próximo xoves día 28 preséntase ao Pleno do Concello de Ferrol unha moción, respaldada polos Grupos Municipáis PsdeG-PSOE, BNG e Ferrol en Común, demandando o nome de PRAZA DE AMADA GARCÍA para a existente diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Denominación que se ven usando por moitas Asociacións e Colectivos nas súas convocatorias e que é a utilizada por gran parte da cidadanía, desde hai un cuarto de século.

No ano 2001 as Mulheres Nacionalistas Galegas fixeron alí un acto reivindicativo co nome de Amada García que foi o punto de partida desta denominación.

En 2017 o Consello Sectorial da Muller propuxo por unanimidade este nome para a citada praza e a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática o apoiou mediante escrito presentado por Rexistro.

Agora reiteramos o noso apoio á citada Moción, agardando prospere neste próximo pleno, para facer realidade oficial unha realidade de feito.

Amada García Rodriguez, foi condenada a morte polos golpistas, polo seu compromiso cos dereitos das mulleres e da clase traballadora e do progreso social. Fusilada, con outros sete compañeiros, no Castelo de San Felipe o 27 de xaneiro de 1938, tres meses despóis de nacer o seu segundo fillo.

Desde hai 15 anos, a Asociación Memoria Histórica Democrática e outros colectivos cidadáns, realizamos, o 27 de xaneiro, unha ofrenda floral no foso do Castelo, en lembranza de Amada e de todas e todos os represaliados pola ditadura fascista, homenaxe que desde 2017 convertíuse en Acto Institucional do Concello de Ferrol.

en facebook:Memoria Historica Democratica

en twitter: Memoria Ferrol  @mem