| 16:50 (hace 1 hora) | |||
N de Prensa. A.C. M.H.D. PRAZA DE AMADA GARCÍA
A longa historia da nominación oficial do que, hai un cuarto de século, é un feito consumado, a denominación de PRAZA DE AMADA GARCÍA, a través da Moción presentada onte, no Pleno do Concello de Ferrol, polos Grupos Municipáis do PSOE, BNG e Ferrol en Común foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular.
Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, unha das moitas que levamos anos reivindicando esa nominación, felicitamos ás voceiras dos tres grupos que firmaban a Moción pola súa brillante defensa da mesma fronte a unha dereita cerril cuio barniz “progresista” quedou baixo os escanos, ante a posibilidade de que titular poidera ser: O PP quítalle a praza a un Nóbel para darlla a unha muller comunista”.
Consideramos moi desafortunada a intervención do voceiro do PP, José Antonio Ponte Far, manifestando, entre outras cousas censurables, que “aquí se desnuda un santo para vestir a otro”. Neste caso “el otro” é unha muller comprometida coa democracia e o progreso social, vítima da barbarie e o fascismo. Unha persoa das 900 que, nestas Comarcas, foron asasinadas pola defensa deses ideais. Ideáis que son os que permitiron, por exemplo, que esta Corporación fora elexida democráticamente pola cidadanía e non polo dedo dun ditador.
“el santo”, ao que facía referencia, é sen dúbida un premio Nóbel – Tamén levaron o Nóbel da Paz artífices de guerras xenocidas – pero foi tamén un delator dos seus compañeiros ante o réxime franquista, como está ben documentado e firmado do seu puño e letra. Xa máis adiante veremos se é merecente desa distinción e de defensa tan encendida.
En calquera caso a comparación é odiosa.
Para a nosa Asociación, como para gran parte da cidadanía, o espazo dianteiro do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, seguirá sendo a PRAZA DE AMADA GARCÍA.
En concreto dijo :, entre outras lindezas; " non imos a desvestir a um santo para vestir outro "
--