| mar, 12 nov, 12:27 (hace 5 días) | |||
í |
Nota de Prensa, relativa aos Arquivos Militares de Ferrol.
A A.C. Memoria Histórica Democrática, solicitóu do Concello de Ferrol a convocatoria da Mesa da Memoria, para tratar o tema do traslado a Madrid dos fondos custodiados nos Arquivos Intermedio Militar Noroeste, ubicado no Baluarte de Artillaría da Avenida do Rei, e o Arquivo de Mariña, sito na Base Naval de A Graña, desta cidade.
É algo que consideramos gravísimo porque, de producirse, imposibilitaría a consulta e estudio de toda una serie de documentación imprescindible para coñecer unha parte moi importante da historia da nosa comarca e de Galicia, sobre todo a relacionada co Golpe Militar de 1936 a Guerra Civil e as súas consecuencias.
Destacamos as causas xudiciais, constantemente consultadas por familias e historiadores e que ata agora contaban con toda atención do persoal a cargo dos citados Arquivos.
Consideramos que é imprescindible poñer en marcha, – con urxencia e nestes lugares actuáis - un proceso de dixitalización da documentación concerniente a Galicia, que facilitará o traballo aos funcionarios e a quen realice as consultas, ademáis de colaborar á conservación deses documentos.
Agardamos unha correcta solución, deste previsible conflicto, no camiño de facilitar a recuperación e coñecemento da nosa Historia.
--