Solicitude ao Concello de Ferrol de traslado do Monumento ao Dez de Marzo de 1972 Formulada polas Asociacións Culturais Fuco Buxán Memoria Histórica Democrática Ferrol, 2021 -2024 Sr. Alcalde do Concello de Ferrol O pasado ano 2022 celebramos nesta cidade o 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972, data que o Parlamento de Galicia declarou “Día da Clase Obreira Galega”. Data na que a clase traballadora ferrolá, marcóu un fito na loita pola Democracia e polos dereitos de ttraballadoras e traballadores, nunha loita continuada noutros lugares de Galicia e de España con fondas repercusións internacionáis. Durante ese Aniversario foron moitos os actos de todo tipo celebrados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, algúns organizados exitosamente por este Concello de Ferrol, coa colaboración das dúas Asociacións Culturais firmantes. No camiño de honrrar debidamente e manter a memoria das persoas protagonistas daqueles sucesos e sobre todo da Clase Obreira á que pertenecían, promovéronse tamén varias demandas. Hoxe referímonos a unha delas en particular, presentada nunha entrevista nesa Alcaldia o 6 de Decembro de 2021 por representantes destas dúas Asociacións e por protagonistas daquel Dez de Marzo. O traslado do Monumento conmemorativo, obra do artista plástico Xoan Braxe, no que cada ano o Concello de Ferrol organiza a ofrenda institucional, ao verdadeiro lugar onde ocorreron os sucesos daquela data. A praza contigua, para a que reclamamos a denominación de “PRAZA DO DEZ DE MARZO”. Resumindo as argumentacións e apoios adxuntos, queremos destacar que o Monumento foi reubicado e retranqueado por dúas ocasións, seguindo necesidades de tráfico e hoxe ocupa un lugar no que pasa desapercibido o seu indudable valor artístico e simbólico dunha das máis significadas características da nosa cidade, o sacrificio e tesón dunha clase obreira cualificada e concienciada na consecución da democracia e dos dereitos e liberdades de todas e todos. Acompañamos a esta petición o seguinte: - Escrito argumentario de Rafael Pillado Lista, protagonista destacado daquel Dez de marzo. - Escrito e relación de personas firmantes protagonistas e familiares dos mesmos. - Relación de firmas da cidadanía. - Gráfico de reubicación do Monumento. Agardando unha favorable e pronta resolución ao solicitado, agradecemos a súa atención e o saudamos moi atentamente. Ferrol, de Novembro de 2024. Susana Alaniz González Manuel Agustín Fernández Pita Presidenta Presidente A.C. Fuco Buxán A.C. Memora Histórica Democrática