Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuais dende os anos setenta, entre elas o documental sobre a emigración galega Por que marchamos (1978), codirixido con outras catro estudantes de cine en París. É, probablemente, a primeira directora galega de cine, pero ata agora a súa traxectoria fora completamente invisibilizada.