Onte, representantes da nosa Asociación Memoria Histórica Democrática, convidada polo Club de Prensa de Ferrol, asistimos a unha nova sesión de “Encontros no Parador” para escoitar a Pablo Moreda, Alcalde de Cedeira e Presidente da Asociación Xeoparque Cabo Ortegal (7 Concellos e a Deputación de A Coruña), nunha charla acompañada de diapositivas, na que deu moi interesantes explicacións, sobre o enorme potencial xeolóxico, paisaxístico, faunístico, botánico, económico e histórico deste Parque Natural integrado na rede da UNESCO.
Estivo presentado por Julia Díaz, Presidenta do Club de Prensa e acompañado por Alberto González, Alcalde de Valdoviño e Juan Rodríguez Silvar, da S.G.H.N.
Parabéns ao Club de Prensa e as persoas participantes.