Desde a nosa organización, que fai parte da Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, presentamos este documento que facemos hoxe público para pedir adhesións da solidariedade galega Por todo isto, pedimos a voso apoio público a este manifesto e á convocatoria da manifestación do 6 de outubro.
Asemade, está prevista unha presentación á prensa das colectivas asinantes o xoves 3 de Outubro ás 11.30 no Salón Rahid do Hotel Araguaney en Compostela. No caso de poder enviar representación da súa organización, pregamos confirmación de asistencia.
MANIFESTO EN SOLIDARIEDADE COA PALESTINA
CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN NACIONAL O 6 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA
Cando se compre un ano da agresión a Gaza que deixa uns niveis de morte e destrución sen precedentes e logo de máis de 76 anos de ocupación ilegal, as organizacións abaixo asinantes facemos un chamamento ao pobo galego a saír ás rúas en defensa destas reivindicacións:
1.A denuncia e o rexeitamento ás accións militares do Estado sionista de Israel tanto na Faixa de Gaza como no resto de territorios palestinos o que supón unha grave violación do dereito internacional.
2.A detención inmediata das agresións e a total retirada das tropas de ocupación e das colonias ilegais na Palestina.
3.O respecto pleno ao dereito de soberanía da Palestina dos pobos da rexión.
4.A total solidariedade co pobo palestino. Lamentamos a perda de milleiros de vidas e manifestamos o profundo pesar polas vítimas e o padecemento da súa poboación.
5.Instamos á Unión Europea a dar o apoio humano e humanitario necesario á Palestina e ao seu pobo, en coordinación coa comunidade internacional. Instamos tamén a intensificar os esforzos de axuda humanitaria e de emerxencia e obrigar a Israel a respectar o dereito internacional humanitario.
6.Instamos á Unión Europea, ao Estado español e ao Goberno da Xunta de Galicia a organizarse para acoller nas mellores condicións ás persoas refuxiadas que poidan derivarse desta agresión militar. Asemade, que se comprometan á atención socio sanitaria das crianzas palestinas en grave situación de vulnerabilidade. Demandamos tamén a estas institucións a ruptura de relacións diplomáticas e de acordos académicos e comerciais co estado de Israel.
7.Pedimos á Unión Europea un maior esforzo para impulsar unha desescalada da ocupación e da violencia a través de relacións diplomáticas e do respecto do dereito internacional.
8.Pedimos aos concellos da Galiza o compromiso de non acoller ningún evento de carácter deportivo, cultural ou doutra índole con asociacións ou organizacións israelís. Adherimos á convocatoria de boicote económico a Israel e comprometémonos a non mercar produtos de orixe israelí, nin realizar contratacións con empresas do estado sionista.
9.O recoñecemento do Estado Palestino, co seu territorio íntegro, entre o río Xordán e o mar Mediterráneo.
10.Apoiamos a convocatoria dunha manifestación nacional de solidariedade co pobo palestino e en denuncia do xenocidio en Gaza e da ocupación da Palestina o vindeiro 6 de outubro ás 12h desde a Alameda de Compostela.
Galiza con Palestina! Paremos o xenocidio!