Saltar ao contido principal

Bieito Lorenzo Penela... Movemento pensionista: Asemblea e mobilizacións

 



Rematado o mes de agosto parece un bo momento para facer unha paradiña e reflexionar sobre como están as cousas, por exemplo no tema este das pensións.

E, como non podía ser doutro xeito, nisto das pensións as cousas seguen parecido a como estaban. Tamén é certo que as cousas non melloran así, sen máis, senón co esforzo da Mobilización social. E coa Organización. A organización necesaria das persoas afectadas, que no tema das pensións realmente son, sobre todo, os que aínda non son pensionistas como xa nos deixou por escrito Isaac Rosa neste artigo que recomendo volver a ler.i

En calquera caso é un bo momento para facer a paradiña esa e reflexionar. Comprobar que debemos seguir vixiantes e mobilizados, como xa hai máis de seis anos que o estamos a facer.

Como digo, as nosas reivindicacións seguen a ser basicamente as mesmas. Nalgunhas avanzouse, certo é, como no incremento das pensións co IPC. Noutras non, ou mesmo foron para atrás, como coa creación dos Plans de Pensións de Emprego (PPEs), mais o marco segue a ser semellante. Ben, a dicir verdade debería mencionar o triste “acordo” acadado o 31 de xullo, xusto antes das “vacacións”, polo Goberno, as organizacións empresariais e os sindicatos CCOO e UXT (que, por se houbera algunha dúbida, non representan aos pensionistas nin ao conxunto dos traballadores) e que motivou unha nota conxunta da Unidade de Acción que podemos ler aquí .As nosas reivindicacións seguen a ser basicamente as mesmas. Nalgunhas avanzouse, certo é, como no incremento das pensións co IPC. Noutras non, ou mesmo foron para atrás, como coa creación dos Plans de Pensións de Emprego (PPEs), mais o marco segue a ser semellante

Mais, como digo, as nosas reivindicacións seguen a ser as mesmas. Por mencionar algunhas:

• Esixir a mellora das pensións mínimas, equiparándoas ao SMI posibilitando así unhas condicións de vida dignas para as persoas pensionistas.

• Conseguir a fin da fenda de xénero (abofé que xa tarda).

• Recuperar a taxa de substitución do salario por pensión, que se está reducindo polos sucesivos recortes.

• Cumprir a Lei 21/2021 que obriga á realización da Auditoría de contas da Seguridade Social, algo fundamental para poder debater con coñecemento de causa sobre a “famosa” sostibilidade do sistema público e de reparto das pensións (por algo será que non a queren facer).

• Revalorizar as pensións de miles de pensionistas que foron prexudicados na súa pensión polos coeficientes redutores da xubilación anticipada con 40 ou máis anos cotizados.

• Garantir o Sistema Público de Pensións mediante a creación de emprego de calidade e a mellora substancial de salarios e cotizacións.

• Esixir a recuperación do poder adquisitivo das pensións perdido desde 2011, cuestión sobre a que imos poñer a lupa nos próximos orzamentos.

• Derrogar a lei 12/2022 de fomento dos PPEs (Plans de Pensións de Emprego).

Unha reivindicación, esta última, fundamental para o noso movemento e que merece unha reflexión máis polo miúdo, como xa se fixo neste comunicadoiii. Porque é a gran batalla entre a defensa do sistema público ou a súa privatización. Porque os PPEs son produtos financeiros de capitalización individual (de “pensións” non teñen máis que o nome), onde o único seguro é o beneficio das entidades financeiras que os xestionan.

A seguir empezaremos as mobilizacións. A primeira xa o 30 deste mes de setembro en Galiza, que se convocará oportunamente. E o 26 de outubro unha gran manifestación convocada pola Unidade de Acción de Organizacións de Pensionistas dos Pobos E Comunidades do Estado, que será en Madrid

-Porque parte dos incrementos salariais das e dos traballadores xa están a ser desviados cara a estes “plans de pensións de emprego” (PPEs) (ver análise do compañeiro Xabier Pérez Davilaiv)

-Porque están “incentivados” con diñeiro público mediante rebaixas das cotizacións sociais para os empresarios (o que significa menos salario indirecto das persoas traballadoras e menos ingresos da caixa da Seguridade Social) e con beneficios fiscais, para os titulares, ou rebaixas no Imposto de Sociedades, para as empresas.

-Porque se nutren exclusivamente con diñeiro dos e das traballadoras (con parte dos incrementos salariais pactados en convenio, que deberían ir ás súas nóminas, ou con achegas adicionais das e dos traballadores titulares). Porque na práctica, os empresarios non achegan nada aos PPEs, mais si se benefician das rebaixas dos impostos e das cotizacións que deixan de pagar.

-Porque, como xa dixen, non son pensións senón meros plans de aforro individuais e que, previsibelmente, non van cubrir, nin de lonxe, o obxectivo de poder desfrutalos como pensión.

-Porque tentan xustificarse coa falacia de que “as contas da Seguridade Social son insostibles”, mentres xa hai dous anos que o goberno está a incumprir a Lei que lle obriga a facer unha Auditoría desas contas, onde se demostraría a solidez do Sistema Público de Pensións.

E volvendo ao principio, para facer a paradiña, e reflexionar, e falar disto, e dos estatutos, estratexias, alianzas e tamén vivencias, afeccións, etc. ímonos xuntar na nosa asemblea anual, o vindeiro 21 de setembro, este ano en San Sadurniño.

E a seguir empezaremos as mobilizacións. A primeira xa o 30 deste mes de setembro en Galiza, que se convocará oportunamente. E o 26 de outubro unha gran manifestación convocada pola Unidade de Acción de Organizacións de Pensionistas dos Pobos E Comunidades do Estado, que será en Madrid (ver convocatoriav).

 

Notas

ihttps://www.eldiario.es/opinion/zona-critica/si-jovenes-hablando-pensiones_129_9755654.html

iihttps://www.modepen.org/index.php/2024/09/04/valoracion-do-acordo-asinado-polo-goberno-as-patronais-e-os-sindicatos-ccoo-e-ugt-sobre-a-flexibilizacion-da-xubilacion/

iiihttps://www.modepen.org/index.php/2024/07/31/alto-a-privatizacion-das-pensions-non-aos-ppes-plans-de-pensions-de-emprego-na-negociacion-colectiva/

ivhttps://www.modepen.org/index.php/2024/03/13/plan-de-pensions-do-convenio-estatal-da-construcion-unha-analise-critica-por-xabier-perez-davila/

vhttps://www.modepen.org/index.php/events/manifestacion-de-pensionistas-en-madrid-el-26-de-octubre-la-movilizacion-es-nuestra-fuerza/

Publicidade