Saltar ao contido principal

A Xunta cre que Altri "pode producir un impacto paisaxístico considerable" e dítalle seis medidas correctoras

 


Os fondos públicos que Altri reclama para instalarse en Palas dependen do visto e prace ambiental da UE

O informe do Instituto de Estudos do Territorio sobre o impacto paisaxístico é preceptivo dentro do proceso de avaliación ambiental da fábrica que está a tramitar a Consellería de Medio Ambiente. Nel, segundo Europa Press, sinálase que as medidas previstas pola empresa para paliar o seu impacto visual son "correctas" pero insuficientes.

O instituto esixe que se complete a análise de visibilidade das instalacións "con maior precisión" para deseñar mellor as barreiras vexetais que deberán ocultar a fábrica, que nestas plantacións se empreguen especies autóctonas, que non se empreguen materiais reflectantes, que se minimice a alteración da topografía e se respecten valados tradicionais, ,que se reduza a contaminación lumínica e que o punto de vertedura de auga ao Ulla respecte a paisaxe desa zona.

Manifestación contra Altri en Palas de Rei © ADEGA

Xunto con este informe agora revelado por Europa Press, Medio Ambiente ten que recibir outros varios informes sectoriais analizando diversos aspectos do impacto da fábrica para, tras unha visión de conxunto, decidir se autoriza ou non o proxecto.

Publicidade