O ruinoso negocio para a Sanidade
Pública da Colaboración Público Privada
Dese hai anos o Goberno Galego vén recorrendo á
Colaboración Privada co argumento de que esta permite mellorar a eficiencia e
reducir o gasto en Sanidade Pública, aínda que a realidade é outra:
1. Recorrer á Colaboración Publico Privada para
construír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tivo un sobre custo de 470
millóns de euros, a pesar do recorte dun 35% no proxecto. A concesionaria
privada recolleu os inxentes beneficios e
posteriormente vendeu o hospital galego
ao fondo de investimento francés
Meridiam
2. Ademais do
incremento do negocio das empresas privadas a Xunta do PP tiña outro obxectivo
estratéxico, blindar o concerto con Povisa para a atención sanitaria de 139.000
persoas da Área Viguesa. Por iso recortou o proxecto inicial en 400 camas, as
mesmas do hospital privado, que recibe 75M de euros públicos cada ano
4. O Hospital Povisa, tamén en mans dun fondo de
investimento francés, ten un 30% menos de persoal por cama e non oferta
numerosos servizos sanitarios, e cada vez mais usuarios se integran na sanidade
pública (20.000 nos últimos anos). O
concerto con Povisa acaba de caducar, teoricamente sen posibilidades de
prórroga, pero a Xunta o prorrogou igualmente, inicialmente ata decembro, por
28 M de euros
3º. Para o anterior presidente Núñez Feijoo a
Colaboración Público-Privada era tamén Público-Familia-Amigos/as: A prima de Alberto
Núñez Feijóo, Eloína Núñez, ex xerenta do hospital público de Santiago, concedeu
contratos do Sergas a Eulen, empresa que dirixía en Galicia a irmá do presidente do PP, Micaela
Núñez Feijóo. Habería que recordar que a anterior Xerenta do SERGAS é irmá do
Director da patronal de hospitais privados AHOSGAL.
A xestión da sanidade pública da Xunta do PP é
nefasta, xa que mentas cunha man xera un sobre custe de 1.200 M de euros en 10
anos na sanidade viguesa, con respecto ao proxecto inicial (sobre custo de Cunqueiro
+ concerto con Povisa), coa outra permite a venda dos hospitais a fondos de
investimento estranxeiros
Estas son as consecuencias da chamada colaboración
público-privada na sanidade pública que na AGDSP levamos anos rexeitando e que
agora tamén denuncia o Consello de Contas.
Esiximos a elaboración dun plan urxente para blindar a
sanidade pública de Vigo que debe pasar por o incremento na contratación de
persoal sanitario para a utilización
intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e do hospital Meixoeiro, mentres
se elabora un plan funcional para a ampliación do Cunqueiro que permita
prescindir do concerto singular de Povisa, con condicións sanitarias non
homologables ao resto dos hospitais públicos galegos. Seguiremos denunciando o
nepotismo do PP de Galicia, que beneficia de modo descarado a privada e prexudica
claramente a Sanidade Pública Galega.
Asociación Galega para a Defensa da
Sanidade Pública