NOTA DE PRENSA DAASOCIACIÓN GALEGA PARAA DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA
(AGDSP): SIGUE O NEPOTISMO DO PP EN GALICIA.
O pasado 22 de agosto, faleceu atragoada unha muller nun restaurante da Illa e denunciaron que a
ambulancia tardou corenta minutos en acudir desde a base de Sanxenxo. A distancia entre A Illa e
Sanxenxo é de 25 Km. mentres que con Vilagarcía é de tan só 7. Estes problemas repítense durante os
veráns.
A poboación atendida polo Hospital de Vilagarcia é de 66.756 persoas (Vilagarcia, Vilanova, A
Illa, Cambados, Catoira e Caldas de Reis) os que temos que engadir os turistas que acoden no verán). A
poboación de Sanxenxo é de 33.854 persoas ou de 42.454 se incluímos a do Grove que esta a 14 km.
A pesares disto, o SERGAS traslada cada verán a ambulancia medicalizada de Vilagarcía (que
podería salvar á paciente na Illa de Arousa) a Sanxenxo, alegando o incremento de poboación polo
turismo, cando a realidade é que ten 24.302 habitantes menos no período estival.
A explicación a este absurdo, podería ser que o Concello de Sanxenxo está presidido por un
destacado membro da dirección do Partido Popular, empeñado en presentar a súa localidade como o
epicentro do turismo cunha oferta de servizos elevada para unha poboación que na súa maior parte goza
dun alto nivel de renda.
En definitiva o traslado da Base da Ambulancia medicalizada de Vilagarcía a Sanxenxo evidencia
que a planificación sanitaria dos servizos de ambulancia da Consellaría de Sanidade está condicionada
pola política de beneficiar aos Concellos presididos polo Partido Popular e á poboación de maior nivel de
renda, en lugar de para atender ás necesidades de saúde da poboación. Como consecuencia: a menor nivel
de renda maior exposición ao risco asistencial.
Dende a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública seguiremos denunciando estas
prácticas do PP que van sempre en contra do Sistema Sanitario PÚBLICO Galego.