Saltar ao contido principal

MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA

              


ONTE CELEBRAMOS O 85º ANIVERSARIO DO BOU “RAMÓN”

ÁLBUM FOTOGRÁFICO: https://drive.google.com/drive/folders/1w-twQVQ12pxsh_5gS1Qt5ODdbQHkxozc?usp=sharing

A nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática agradece a numerosa participación no acto de lembranza aos protagonistas da fuxida do Bou “Ramón”, celebrado onte en Montefaro, para conmemorar o 85º aniversario da saída de Ares – 20 de xullo de 1939 – de 27 republicanos agachados durante 3 anos que iniciaron camiño en busca da salvación e da liberdade e chegaron a Francia.

Organizado pola nosa Asociación coa colaboración da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e Concello de Ares, foi presentado polo noso directivo e escritor Juan Galán e contóu coa participación da Tenente de Alcade de Ares, Alma Barrón, o directivo dos Amigos do Mosteiro, Rogelio Pérez, o noso presidente Manuel Fernández Pita, o historiador Enrique Barrera, secetario de MHD e coautor do libro “A fuxida do Bou Ramón”, (editado o 2017 do que tamén fora autor o historiador Eliseo Fernández) e o ilustrador do mesmo, Fernando Ocampo. Contamos cunha emotiva participación teatralizada de Roberto Leal, fillo e sobriño neto de fuxidos no Ramón, acompañado á guitarra por Sergio Piñeiro.

Ofrecéronnos unha selección musical, adpatada ao acto, os compoñentes do Grupo Musical “Xábrega” de Ares, a quen lles debemos una gratitude especial.

Estivemos acompañados de varios familiares dos protagonistas desta historia o que sempre é unha satisfacción grande para a nosa Asociación.

A Exposición fotográfica permanecerá aberta no Mosteiro de 18 a 20 horas, ata o Sábado 17, que rematará cunha visita guiada ás 19 horas