Saltar ao contido principal

A solidariedade galega co pobo palestino protagonizará o Festival da Poesía no Condado

 


Este sábado 31 de agosto terá lugar a edición nº36 do Festival da Poesía no Condado, que se celebra

 en Salvaterra. A solidariedade galega coa causa palestina será o eixe central das actividades

 previstas que, como é habitual, combinan poesía con música e distintas expresións artísticas,

 culturais e deportivas. A investigadora e poeta palestina Shahd Wadi, xunto a escritoras como

 Arancha Nogueira, Inma Núñez Núñez, Diana Kurich ou artistas como Xabier Díaz, Loita Amada ou

 Banda Bassoti participarán no festival.