O PP frea a comisión de investigación sobre a prórroga da concesión da AP-9 e posterior venda da autoestrada por parte do Goberno de Aznar. A solicitude do BNG recibiu o apoio o PSdeG e decaeu cos votos do PP, que argumenta que "non existe responsabilidade xudicial ou política no ámbito galego" a respecto desas decisións e agrega que o Bloque "omite que o que está a investigar a Comisión Europea" son as "dúas prórrogas" da concesión, tanto "a concedida por Felipe González por 10 anos" como a de Aznar por 25. En realidade, a pescuda da UE refírese unicamente á prórroga de Aznar. O nacionalista Luís Bará considera que, co seu "non" a investigar este "pelotazo", os populares viran en "cómplices da maior aldraxe a Galiza no que vai de século".
- CRÓNICA | AP-9: "O que poida facer, que faga"
- HEMEROTECA | A prórroga de Aznar á AP-9 sen concurso público segue sen convencer á UE, que pide máis explicacións a España
- HEMEROTECA | A ilegalidade que a UE detecta na prórroga de Aznar a Audasa ata 2048 fai revivir a súa controvertida privatización
- HEMEROTECA | De Ence á AP-9: os fíos que unen as privatizacións estrela de Aznar en Galicia e as súas concesións prorrogadas
