Saltar ao contido principal

Eufemismos que crean crispación na sanidade galega Xosé Mª Dios Diz

Eufemismo: “ Recurso lingüístico co que se evita unha palabra ou expresión que designa algo noxento, molesto ou malsoante”; RAG.


Dentro do argumentario do PP para xustificar o desmantelamento, deterioro e privatización do Sistema Sanitario Público Galego é o de “non temos médicos”. Esta falacia, que utilizan como un mantra, e que ninguén lles repregunta con datos, o explicarei a continuación, e quedará en nada si atendemos a realidade: o 23/07/2024, a Xunta, fixo unha convocatoria, para cubrir 271 prazas de Médico Especialista de Atención Primaria (MEAP). Inscribíronse 606 Médicos aspirantes. Presentáronse 493: o sistema, déixa fora a 222 Médicos que poderían exercer; das 271 prazas ofertadas, 42 quedáronse sin cubrir. Na convocatoria do 2023, xa ofertaran 72 prazas de MEAP e non todas se cubriron…

Pero é que o goberno central, tampouco o fai moi ben: na última convocatoria MIR, en febreiro do 2024, ofertáronse para Galicia 207 prazas, e quedaron sin cubrir 30. Deixou fora o propio sistema a aspirantes, que serían futuros médicos con capacidade de traballar, despois de facer o seu período de formación de 4 anos. No 2023, foron 8.550 prazas, para 12.250 aspirantes: eles mesmos, deixaron fora a 3.700...cómo que non temos Médicos? É imos avisando, según NÓS Diario: “o 23% do persoal médico de AP, estará xubilado en 4 anos”: terano en conta?

Nas últimas horas, asistimos o que poderíamos chamar “imos a contar mentiras, trailará”. O novo (e xá amortizado) Conselleiro de Sanidade, fixo 4 propostas para, en verán, intentar resolver...o que eles mesmos provocaron na Galiza. Son vellas receitas, que xa demostraron o seu fracaso no pasado: “Médicos Itinerantes”, eufemismo para definir a profesionais, que voluntariamente, quixeran ocupar unha praza onde faga falta para suplir o déficit estructural: primeiro fracaso. Utilizar a R4, en Formación, sin terminar o seu período de preparación: segundo fracaso (...e ademáis ilegal). Incentivar a profesionais que marchan o seu lugar de vacacións...para que sigan traballando: terceiro fracaso. O de crear un programa de apoio con parte do persoal do 061 (que xa traballa no seu posto e que os queren facer traballar máis…): cuarto fracaso. E para este plan, invirtirán 12,5 millóns de euros. Si o orzamento da Xunta, para este ano, é de 14.000 millóns de euros, non terán os recursos suficientes para facer que a cobertura sanitaria no verán, sexa de maior calidade?

https://praza.gal/opinion/eufemismos-que-crean-crispacion-na-sanidade-galega#:~:text=Seg%C3%BAn%20a%20CIG,Que%20pena!