O evento conta con distintos carteis diferenciados para abarcar a todos os participantes, xa se encarguen da intervención artística na rúa, da música ou do mercado creativo
A proposta de intervención artística das Meninas de Canido continúa na liña de expansión para convertir o encontro nunha cita que fusiona festa e cultura. Por este motivo, a organización volve publicar, unha edición máis, a programación musical que ambientará o barrio entre o 6 e o 8 de setembro.
Un total de 13 artistas integran o cartel específico para os músicos, comezando por 3 Bravos 3, Indy Tumbita & The Vodoo Band, Santiago Auserón, Los Duques de Monterrey, Cuarteto Atlánticas e Tony Lomba & Elio dos Santos. A segunda metade da programación musical está protagonizada polas melodías de Terrae, DJ Sfhir, DJ Fisherman, Airiños de Fene, Lenda Ártabra, Marta Mansilla Project e Adóbriga.
Así mesmo, o encontro contará cun espazo dedicado ao mercado creativo, no que un total de 24 artistas e artesáns darán a coñecer e poñerán a disposición dos asistentes as súas creacións. Parrumeira, Barro&Co, Pollito Manualidades, Waves, Azul Gris, Longa Vida, Conloquetengo, Sestras, Pepinhamediaslongas, Sopa de Nuez e Fento do Vento abren un cartel que tamén está especialmente dedicado a esta parte das Meninas de Canido.
A estes membros do mercado súmanselles Kukko&Kana, Leandro Barea, Morgon, Dávana, Salsagaucha, La Chapera, Todoclick, Malas Herbas, Pampillo Store, Ana Aguín Design, MDC, Román Romeral e a Asociación Galega de Escritores. Todos estes artistas compleméntanse cos 20 nomes protagonistas que se ocuparán de decorar os muros de Canido.