Saltar ao contido principal

A PRENSA O 18 DE XULLO DO 36.

 



A PRENSA  O 18 DE XULLO DO 36.
A prensa galega do sábado 18 de xullo de 1936 non deixaba entrever nada do que estaba a punto de acontecer.
En Vigo o Pueblo Gallego falaba da comisión de representantes galegos que entregara en Madrid o anteproxecto do Estatuto. En Santiago El Compostelano anunciaba as varias Zarzuelas que o tenor Sagi Vela traía en cartel e a novena do Apostol. En Ourense e Lugo e moitos lugares celebrábanse  funerais por Calvo Sotelo.
En Ferrol, El Correo Gallego, convocaba a bailes nos salóns da comarca e a un concerto da banda de música do Rexemento de Infantería Mérida nº 35, que curiosamente levaba no programa o danzón “Lágrimas Negras” que parece algo premonitorio…..
O día seguinte xa sería outra cousa…..