A FUXIDA DO BOU RAMÓN.
Enlace ao PDF:
https://drive.google.com/file/d/1O9isgQGMwVdsvLVMa_dBSnZ9ps4raknq/view?usp=sharing
O pasado 20 de Xullo cumpríronse 85 anos da fuxida do Bou “Ramón”, que partindo de Ares, levou a Francia, naquel verán de 1939, a 27 republicanos agachados pola comarca desde o inicio da guerra, salvando así as súas vidas dunha morte certa.
Proximamente celebraremos un sinxelo acto conmemorativo que desde a A.C. Memoria Histórica Democrática, estamos a preparar e do que avisaremos oportunamente. Mentras iremos lembrando aqueles feitos e aos seus protagonistas.
Hoxe o facemos con este resumo da historia escrito polo historiador e secretario da nosa Asociación,
Enrique Barrera, con ilustracións de Fer Ocampo.