Saltar ao contido principal

REXURDIMENTO DO FASCISMO

 



Nun contexto dunha preocupante situación de involución democrática a escala mundial, o próximo día 9 de xuño celebraranse eleccións ao Parlamento Europeo, as encuestas prognostican un gran avance da ultradereita. Durante un tempo, a dereita europea trazou o chamado cordón sanitario coa extrema dereita, barreira que se disolveu. A presidenta da Comisión Europea, a popular Ursula Von der Leyen pactará coa primeira ministra italiana Giorgia Meloni, admiradora confesa de Mussolini.

Abríronlles as portas, a dereita fusionouse e estamos ante un perigo real, o rexurdimento do fascismo, xa non visten camisas azuis, pardas ou negras, van de traxe e gravata. O ovo da serpe refírese a unha “manifestación temperá de algo que será perigoso para o futuro, advirte sobre unha ameaza incipiente, vemos a serpe través de cascade ovo e mesmo cando aínda está nunha fase de incipiente e non alcanzou a súa forma completa e manifesta“.

O modelo europeo está en cuestión, unha vitoria dos partidos de ultradereita supoñería, por unha banda, un impacto significativo no modelo social europeo e, por outra, un risco para a propia continuidade da Unión Europea. O que pretenden os partidos de ultradereita é unha involución en Europa. É preocupante como se normaliza o discurso do odio, xenofobia, estigmatización do inmigrante e intolerancia, como se van perdendo dereitos e valores democráticos.

Unha das causas do crecemento do fascismo é o aumento das desigualdades pola imposición do insaciable modelo neoliberal. A socialdemocracia ten a súa responsabilidade debe librarse do lastre neoliberal.

Despois da II Guerra Mundial iniciouse a construción europea para evitar conflitos en Europa. Hoxe existe un risco de conflito con Rusia, pola guerra de Ucraína, pola cada vez maior implicación de países da Unión Europea. Consecuencia da non disolución da OTAN e a súa ampliación ás fronteiras rusas. Hoxe sinalar a hipocresía da Unión Europea coas súas sancións a Rusia en relación cos dereitos humanos e a súa falta de condena ao xenocidio de Israel en Gaza.

En España o problema da democracia española é que nunca tivemos nin temos unha dereita democrática. PP e VOX veñen da cultura franquista. Non condenaron o franquismo. Rexeitan a Lei de Memoria Histórica Democrática, propoñendo unha lei que chaman de Concordia: non houbo un golpe de estado contra un goberno lexítimo, a Republica foi responsable da guerra civil e non vivimos unha ditadura de corenta anos.

A peste “o doutor Rieux, oíndo os berros de alegría, tiña presente que esta alegría está sempre ameazada. Sabía que o xentío ditoso ignoraba que o bacilo da peste non morre nin desaparece xamais, que pode permanecer durante anos durmido, que espera pacientemente e que pode chegar un día en que a peste, para desgraza e ensino dos homes, esperte ás súas ratas. 

Sexamos conscentes, todas e todas, do valor que ten noso compriso, a nosa voz nas urnas para nos mesmos e para que nos rodea. Este é un momento decisivo e tódolos votos son necesarios para frear unha regresión democrática e difícilmente reversible.