Saltar ao contido principal

Nota AGDSP peche camas e abanodo AP durante veran

  



 Nota AGDSP peche camas e abanodo AP durante veran

Recibidos

manuel martin

mar, 4 jun, 9:03 (hace 1 día)

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP): novo desastre sanitario en Galicia coa chegada do verán.

 Mentres a Atención Primaria Galega está desmantelada, a Xunta do PP, puxo á fronte da Consellaría de Sanidade a un médico hospitalario, dedicado á Oncoloxia Radioterápica, cuxa actividade profesional centrouse ata agora, en: Conseguir aparellos tecnolóxicos para a súa especialidade grazas a unha forte relación coas Empresas Multinacionais que os fabrica (conflitos de interese), en apoiar ensaios clínicos, para experimentar coa Poboación Galega novos aparellos e fármacos (estamos á cabeza de Europa en este ensaios con o 43% do total da UE).

 O novo Conselleiro declarou recentemente, que:

 ·       “Non lle importan as listas de agarda...só os resultados en saúde” (evidentemente canto máis se tarde en ter unha diagnose dun proceso, será máis difícil e perigoso para xs pacientes o seu tratamento).

 ·       Deixará  os Centros de Saúde sen Pediatras para concentralos nas cabeceiras de comarca.

 ·       Poñer “médicos itinerantes” para prestar servizos nas zonas con máis presión asistencial (como si fósemos un país terceiromundista sen Sistema Sanitario Público) o que supón acabar coa AP integral e continuada. 

 ·       Contratar a  persoal médico en “formación” MIR en Atención Primaria e nas urxencias hospitalarias (cousa ilegal e que supón un problema para os/as MIR, así como para á poboación).

 ·       Non ten previsto cubrir no verán as baixas do persoal sanitario e anuncia o feche de camas hospitalarias (ten previsto retirar 700 camas hospitalarias e deixar sen cubrir a práctica totalidade dás vacantes estivais en Atención Primaria como pasou o ano pasado).

 A Consellería  de Sanidade non planifica para solucionar os problemas da falta de persoal en verán, senón que traballa para que non haxa contestación social da poboación e do persoal sanitario por este despropósito. A súa maioría absoluta non lle da carta branca para seguir desmantelando o Sistema Sanitario Público Galego!

 ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA