Saltar ao contido principal

Greenpeace EN ACCIÓN

 


Greenpeace e Ecoloxistas en Acción esixen que a Xunta descarte o proxecto de construción da celulosa de Altri en Palas de Rei

Activistas de Greenpeace despregaron na mañá deste xoves unha faixa na balconada do museo da catedral de Santiago coa mensaxe Altri NonA acción, fronte á sede da Presidencia da Xunta, no Pazo de Raxoi, amosa o rexeitamento á macrocelulosa que a multinacional Altri quere instalar en Palas de Rei e busca esixir ao Goberno galego que descarte o proxecto. 

A acción foi apoiada tamén desde a praza do Obradoiro por activistas de Ecoloxistas en Acción. Ademais da faixa principal, tamén se puideron ver outras faixas con mensaxes como "Altri esnaquiza Galiza" ou "Por unha terra viva. Altri non".