Saltar ao contido principal

Ruth Matilda Anderson: a reivindicación da historia das mulleres de Galicia

 



O testemuño gráfico da Galicia de inicios do século XX que deixou a fotógrafa estadounidense foi importantísimo para coñecermos con detalle como era a vida antes da industrialización que o cambiaría case todo. Ruth Matilda Anderson atopou unha Galicia de mulleres, interesouse pola lingua, bebeu dos textos de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e rescatou as galegas do esquecemento na memoria colectiva do noso país.


https://luzes.gal/06/05/2024/en-aberto/ruth-matilda-anderson-a-reivindicacion-da-historia-das-mulleres-de-galicia/