CONVOCATORIA URXENTE DIFUSIÓN ACTO UNITARIO | ||||||||||||||||||
Dende ACAMPA apostamos por unha acción aglutinadora do tecido social, político e cultural da cidade, no senso máis amplo posible, de rexeitamento ao masacre de GAZA. Cremos que, entre outros efectos da guerra, a matanza de preto de 14000 cativos e cativas non deixa impasible a veciñanza de A Coruña e contorna e por iso instámosvos a que colaboredes, colectiva e individualmente, na campaña de difusión e preparación da acción que terá lugar no contexto do VIII Encontro Internacional que organiza a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio, enfocado este ano a profundar sobre o tema “Infancia e Mocidade Refuxiada”. O acto consistirá nun Minuto de Silencio nos Xardíns de Méndez Núñez, diante dun Memorial á infancia asasinada que se construirá de forma colaborativa. Entendemos que esta proposta de mínimos debe ser o suficientemente contundente para sumar toda a capacidade e implicación de organizacións e persoas que cremos na mobilización conxunta como o instrumento máis poderoso que temos. Queremos que milleiros de persoas asistan e difundan o minuto de silencio que, paradoxalmente, tense que oír alto e claro. A acción desenvolverase o 9 xuño de 2024 ás 12:00 h. De aquí alá, precisamos moitas mans, cabezas e voces para difundir a convocatoria. Xuntas somos máis fortes. | ||||||||||||||||||
Acude á xuntanza para deseñar a estratexia de difusión: | ||||||||||||||||||
Vémonos o 9 de maio ás 19:00 no Quiosco Alfonso, A Coruña | ||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||
|