Saltar ao contido principal

Barcala, Amigos da República de

 19 de xuño de 2024, 10º aniversario da coroación de Felipe VI

Barcala, Amigos da República de

E POLO DEREITO DA DECIDIR


Reivindicamos a República e rexeitamos a monarquía porque é incompatíbel cun sistema

democrático. É un réxime vitalicio e hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o

rei, como xefe do Estado, non é elixido polo pobo nunhas eleccións democráticas.

O ditador Franco, que encabezou en 1936 o levantamento militar e fascista contra a democracia,

nomeou a Juan Carlos como o seu sucesor en 1969 “para que todo quede atado y bien atado para el

futuro”. A monarquía actual é, polo tanto, herdeira do franquismo, daqueles que deron un golpe de

Estado contra a República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas..

O rei Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista, xustificaba a sublevación contra a

democracia e nas súas declaracións públicas falaba da “legitimidad política surgida el 18 de julio de

1936”; sempre manifestou “un gran afecto y una gran admiración” polo ditador Franco e cualificaba

40 anos de ditadura como “gloriosa etapa histórica de nuestra patria”.

A abdicación do rei Juan Carlos en 2014 non tivo outro obxectivo que salvar unha monarquía en

descomposición e desprestixiada por numerosos casos de corrupción. Felipe VI continúa a liña do

seu pai, recibía ás vítimas do terrorismo no seu primeiro acto como rei, pero ignoraba as centenares

de miles de vítimas do franquismo. Entregaba a medalla a Rodolfo Martín Villa, exministro na

ditadura, como deputado das Cortes Constituíntes, cando condecorou o 13 de xuño de 1977 ao

torturador “Billy el Niño” coa Medalla de Prata ao Mérito Policial e está denunciado na Querela

Arxentina polos crimes do franquismo. No seu discurso de Nadal de 2023 Felipe VI non condenaba

a sublevación de 1936 contra a democracia da República, nin 40 anos de ditadura, que cualificaba

como “error histórico.

A monarquía está blindada. O CIS leva moito anos sen preguntar sobre a súa valoración e todas as

iniciativas presentadas para investigar a corrupción da monarquía son rexeitadas sistematicamente

pola Mesa do Congreso. As chamadas regularizacións fiscais do rei Juan Carlos, coa implicación da

Fiscalía e do Goberno través da Axencia Tributaria, non tiñan outro obxectivo que evitar as

repercusións penais dos seus presuntos delitos. Queremos que o rei Juan Carlos sexa xulgado por

todos os posíbeis delitos cometidos antes de 2014, cando abdica, e despois de 2014; que reembolse

ao patrimonio do Estado as partidas económicas que recibiu con cargo ao orzamento da Casa do Rei

desde 2008. Queremos que unha Comisión do Congreso dos Deputados investigue os ingresos do

rei emérito en concepto de comisións e outras actividades económicas durante o seu reinado, os

bens e patrimonio de todos os membros da Familia Real, así como as contas nos bancos.

O chamado rei emérito Juan Carlos I vive na opulencia nun autoexilio, organizando festas de

cumpreanos multitudinarias a “todo pago”. Non estamos dispostos a normalizar as visitas que fai

Juan Carlos a Sanxenxo e outros lugares de Galiza. Por outra parte, queremos que sexan eliminadas

todas as rúas, como en Pontevedra, e distincións ao rei Juan Carlos porque non merece ningún tipo

de recoñecemento social.


2


Estamos a prol da ruptura democrática e queremos decidir sobre o noso futuro como pobo. Partindo

desa realidade plurinacional, do recoñecemento da soberanía da nación galega e o seu dereito

democrático a decidir, estamos pola convocatoria dun referendo consultivo para que a cidadanía

poida decidir sobre o modelo político e institucional e escoller a forma de Estado: monarquía ou

república. Coa celebración dese referendo iniciaranse procesos constituíntes que recoñezan o

dereito de autodeterminación ás nacións que integran hoxe o Estado español.

Queremos unha República laica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a

inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns

poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares. Unha República que

recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura

cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos verdade, xustiza e

reparación para as vítimas do franquismo e a derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como

recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque

incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado

polo Estado Español en 1976.

Cando se cumpre o 10º aniversario da coroación como rei de Felipe VI chamamos a toda a

cidadanía para que se sume á construción dunha alternativa republicana. É hora de expresar o noso

compromiso en defensa da democracia e pola transformación social, con maior xustiza e liberdade

para o noso pobo, e por iso queremos manifestar que estamos por un futuro republicano.

Cómpre unir forzas para acabar coa monarquía, dentro da pluralidade, respectando distintos

obxectivos estratéxicos que poidan situar a Galiza no marco dunha República Federal; aqueles que

están a prol dun República Galega, ben dentro dunha República Confederal ou como Estado

independente, ou as que están por unha República Ibérica con Portugal.

Facemos un chamamento ás organizacións políticas, sindicais, fundacións e todo tipo de

asociacións e entidades da nosa nación para que se incorporen a esta plataforma cívica, difundan e

consigan apoios para este manifesto e constitúan grupos territoriais de Galiza pola República.

Pedimos ás forzas políticas para que impulsen a creación dunha Rede de Concellos Galegos pola

República e presenten iniciativas nos concellos e noutras institucións para que se aprobe a

incorporación á mesma.


Coincidindo co 90º aniversario da proclamación da República, apoiaban en abril de 2021 o manifesto


3


NON QUEREMOS MONARQUÍA. GALIZA POLA REPÚBLICA

Entidades promotoras da comarca da Coruña: A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S.

Gomes Gaioso da Coruña, C.S. A Comuna da Coruña, A.C. Irmáns Suárez Picallo de Sada, Cultura

Aberta de Carral, Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galiza, Corrente Vermella, EU, Equo,

Marea Atlántica, Podemos, Sada Maioría, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca,

Rebeldía Galicia, XCG, Mocidade pola Independencia, CIG, Vangarda Obreira, A.C. Vieiros de

Oleiros, Colectivo das Pedras Galladas de Culleredo, A.C. Roxín Roxal de Paderne, Proxecto

Cárcere da Coruña, CRMH da Coruña.

Entidades de Galiza: Asemblea Republicana de Vigo, Ateneo Republicano de Valdeorras, Agora

Galiza-UP, Colectivo Republicano de Redondela, Obradoiro da Historia de Ordes, Asociación

Viguesa pola Memoria do 36, Fundaçom Artábria de Ferrol, Comité pola Memoria Histórica do Val

do Limia, A.S.C. Muíño do Vento de Canido (Ferrol), Estudantes Antifascistas, Plataforma

Republicana Galega, Comité de Memoria Histórica de Celanova, PTG, Comité Galego do PCE-ml,

Ferrol en Común, Plataforma Antifascista Galega, O Faiado da Memoria de Vilagarcía, Colectivo

Capitán Gosende de Cerdedo-Cotobade, Comité Antifascista de Compostela, Memoria da Mariña,

S.C. Medulio de Ferrol, ARMH de Marín, A Oliveira de Teo, Amigos de Johan Carballeira de

Bueu, ARMH do Grove, Coordinadora Antifascista de Vigo, Fundación Moncho Reboiras, A.C.

Fuco Buxan de Ferrol, A.C. Vagalumes da Estrada, Comisión pola Memoria Sinhor Afranio do

Deza, Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol, Fundación Eira da Xoana de Ramil-

Agolada, Asociaçom Altofalante de Ribeira, Comisión de Familiares pola Memoria e Dignidade do

36 de Mos, Memoria Histórica de Valga, Compostela Aberta, A.C. Maio Longo de Pontevedra,

A.C. Memoria Histórica 28 Agosto de Cangas, Iniciativa Galega pola Memoria, A.C. A Gentalha

do Pichel de Compostela, Fundación Galiza Sempre, CRMH da Barbanza, Fundación Alexandre

Bóveda, A.C. O Galo de Compostela, A.C. Alfonso,Barcala, Amigos da República de Orense