APROBADO O CONSELLO MUNICIPAL DA MEMORIA NO CONCELLO DE NARÓN.
Hoxe o Pleno do Concello de Narón aprobou, co voto a favor de todos os Grupos Municipais, a creación do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática.
A nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática estivo representada no Pleno por varias persoas da súa Directiva e congratúlase de que saira adiante esta proposta que hai pouco tempo formulamos e que instrumentada nunha moción presentada polo Grupo de Goberno acadou a unanimidade.
Este órgano asesor do Concello será instrumento importante nos temas de Recuperación da Memoria e de aplicación da nova Lei de Memoria Democrática.
Parabéns aos Grupos Municipais de Narón e as persoas que prestan a súa colaboración.