Saltar ao contido principal

A Gala das Letras chega cargada de estreas de Juan Durán e temas coñecidos polos galegos

 


Auditorio de Ferrol volve acoller, hoxe ás 19.30 horas, unha gala lírica dirixida polo músico ferrolán David Sanmartín. Nesta ocasión, o evento realízase na honra de Luísa Villalta, a escritora conmemorada no Día das Letras Galegas deste ano.


A maioría dos artistas e compositores que participan na proposta proceden da comunidade. As excepcións son, primeiro, a solista soprano Clara Jelihovschi Panas, nacida en Moldavia e afincada na Coruña, que canta o repertorio en galego, o idioma da totalidade da gala. O compositor alicantino Miguel Brotóns é o outro caso, que apenas pode contar porque leva preto de 50 anos vivindo en Ferrol. Ademais, actúan varios coros da comarca.


De orixe local é o segundo solista, o barítono Gabriel Alonso, premiado tanto a nivel nacional coma no estranxeiro. Gran parte das obras que se interpretan nesta función foron ideadas polo vigués Juan Durán, considerado como o compositor máis relevante da súa xeración. Os outros creadores son o coruñés León Durán, gañador do Concurso Galego de Composición 2023, e Israel Alonso, de Vigo, que obtivo o mesmo premio o ano anterior.Algunhas das pezas con máis sona que se inclúen no repertorio do programa da Gala das Letras Galegas poden ser Lela, Galopín ou Unha noite na eira do trigo.