Saltar ao contido principal

Xurxo Lobato presenta o seu libro “Rostros de la memoria. Ferrol 1972” en Fene

 




 Xurxo Lobato presenta o seu libro “Rostros de la memoria. Ferrol 1972” en Fene ⬇⬇


📖 A Casa da Cultura de Fene acolle o xoves 18 de abril a presentación do libro Rostros da Memoria Ferrol 1972. Será ás 19.00 h, nun acto no que contaremos coa presenza do autor Xurxo Lobato; o alcalde de Fene, Juventino Trigo e Susana Alaniz, presidenta da Asociación Cultural Fuco Buxán.


No acto; aberto á cidadanía até completar aforo; o autor conversará sobre o libro, protagonizado por trinta persoas fotografadas en branco e negro, que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras de Ferrol de 1972. Este libro é unha homenaxe a estas persoas, coas que temos unha débeda histórica, e o seu exemplo merece ser difundido.


Actividade organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán coa colaboración do Concello de Fene.


📅 Xoves18-abril

⏰ 19h

📌 Salón de actos da Casa da Cultura (Museo do humor) do Concello de Fene