Saltar ao contido principal

SOS SANIDADE PÚBLICA GALICIA , Concentración diante do Parlamento Gallego

 


A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocó este venres día 12 as 12 da maña unha concentración diante do Parlamento de Galicia en apoio das 13 medidas propostas por SOS para Salvar a Atención Primaria e o Sistema Sanitario Público Galego en risco de desmantelamento e privatización. 
As 12,30 a Plataforma dará entrada no rexistro do Parlamento dun escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade,  no que exiximos a posta en marcha urxente destas medidas para poñer fin ao sufrimento da poboación que ten unha gran dificultade para acceder aos Centros de Saúde, carece en moitas localidades de servicio de pediatría ou soporta listas de espera inaceptables  manipuladas e ocultadas polo propio SERGAS, mentres que beneficia ao Sector Privado en mans de multinacionais o de empresas afines ao Partido Popular e a Núñez Feijoo
Manuel Martin Voceiro