Saltar ao contido principal

SOS Sanidade concentracion Parlamento dia 12

 Fwd: SOS Sanidade concentracion Parlamento dia 12

Recibidos

José María Dios Diz

Adjuntos12:37 (hace 5 horas)
para bcc: 

Nota de Prensa da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia: 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca este venres día 12 as 12 da maña unha concentración diante do Parlamento de Galicia en apoio das 13 medidas propostas por SOS para Salvar a Atención Primaria e o Sistema Sanitario Público Galego en risco de desmantelamento e privatización.

As 12,30 a Plataforma dará entrada no rexistro do Parlamento dun escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade,  no que exiximos a posta en marcha urxente destas medidas para poñer fin ao sufrimento da poboación que ten unha gran dificultade para acceder aos Centros de Saúde, carece en moitas localidades de servicio de pediatría ou soporta listas de espera inaceptables  manipuladas e ocultadas polo propio SERGAS, mentres que beneficia ao Sector Privado en mans de multinacionais o de empresas afines ao Partido Popular e a Núñez Feijoo

Plataformas e organizacions que teñen confirmada ata agora a súa participación:

·   Plataforma SOS Ferrolterra con Pancarta 1 o 2 coches particulares

·   Plataforma SOS de Val Miñor con pancarta

·   Plataforma SOS de Compostela estará con pancarta.

·   CCOO acudirá con pancarta

·    CIG acudirá con pancarta

·   A Plataforma de Moaña participará na concentración do día 12 cun autobús fretado polo Concello

·  Plataforma para a Defensa do Centro de Saude de Seixo , poñerá coches para o desprazamento.

·  Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración o día 12  as 12 diante do Centro de Saúde de Ribadeo.

·  A Voz da Sanidade de Cangas convoca unha  concentración o día 12 ás 20 h diante do Concello . Confirmaron a súa participación para facer a lectura das 13 medidas son: MODEPEN , Federación de ANPAS do Morrazo A GAMELIÑA, asociación de diganosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico ADICAM, Asociación de Pais e Nais de persoas con Discapacidade do Morrazo ASPAMSIM, asociación de veciños NÓS e DARAVELO Asociación Cultural A CEPA, asociación de Discapacitados de Cangas ADISCA, Centro de Drogodependencia, vecin@s de O Hío e Concello de Cangas

· Amnistía Internacional Galicia participará na concentración do Parlamento con petos e materiais propios

·  Encontro contra a OTAN acordou apoiar a concentración, con pancarta propia e panfleto específico

 

Empresas vinculadas a contorna íntima do líder do PP que se beneficiaron do diñeiro da Xunta

https://www.publico.es/politica/feijoo-sa-empresas-vinculadas-entorno-intimo-lider-pp-beneficiaron-dinero-xunta.html