Saltar ao contido principal

ROSTROS DA MEMORIA ...18 DE ABRIL ...FENE

 


Xurxo Lobato presenta o seu libro"Rostros da Memoria "..Ferrol 1.972

A Casa da Cultura de Fene acolle o xoves  18 de abril  a presentación do libro ,Rostros da Memoria ,Ferrol 1972

Será as 19 hs , nun acto no que contaremos coa presenza do autor Xurxo Lobato;o Alcalde de

 Fene,Juventino Trigo e Susana Alaníz .Presidenta da Asoc.Cultural Fuco Buxán.

No acto aberto a cidadanía até completar aforo . O autor conversará sobre o libro,protagonizado por trinta

 persoas fotografadas en branco e negro , que sufriron a represión franquista polas  loitas obreiras de

 Ferrol de 1972.Éste libro é unha homenaxe a estas persoas , coa que temos  unha débeda histórica ,e o seu

 exemplomerece ser difundido.

Actividade organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán coa colaboración do Concello de Fene

XOVES 18 DE ABRIL....19 hs ... Salón de Actos  da Casa da Cultura (Museo do Humor ) do Concello

 de Fene