Saltar ao contido principal

POR UN CONSELLO SECTORIAL DA MEMORIA EN NARÓN

 

Memoria Histórica Democrática

lun, 22 abr, 18:09 (hace 3 días)
para Asociación, bcc: 

Esta mañá a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, mantivo unha reunión coa Alcaldesa e representantes dos Grupos Municipais do Concello de Narón a fín de expoñer detalles relacionados coa nosa solicitude de constitución do Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática.

Valoramos moi positivamente o tratado na reunión e a boa disposición e atención prestada polos Grupos Municipais sobre a conseguinte Moción que será debatida nun Pleno Municipal.

A delegación da nosa Asociación foi acompañada polo historiador Xosé Manuel Suárez.

Asemade mocións similares, pola nosa iniciativa, serán debatidas nos Plenos dos Concellos de Neda e Pontedeume, entre outros, coa finalidade de que estes Consellos Sectoriáis, como órganos asesores dos concellos, colaboren a facer efectiva a Lei da Memoria Democrática.



--
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol