ACTOS DE HOMENAXE A RAMÓN CASTIÑEIRA SESTAYO "MONCHO"
Sabedes que onte 4 de abril, morreu o compañeiro "Moncho", por mor de múltiples enfermidades que estivo combatendo unha grande parte da súa vida. O seu corpo está no tanatorio de Albia na Gándara, no Túmulo nº1. A incineración vai ter lugar hoxe a primeira hora da tarde, mais mañá, sábado 6 de abril, serán depositadas parte das cinzas co seu pai no cemiterio de Catabois, ás 12 do mediodía, onde lle renderemos unha pequena homenaxe. Con posterioridade sairá un autobús que nos levará ate Muros, onde estamos convidados a xantar e espallaremos o resto das súa cinzas, no seu Muros querido onde pasou unha parte moi feliz da súa vida. Agradeceriamos quen puidera que nos acompañara no conxunto destes actos. As persoas que poidades vir ate Muros comunicar-nos a vosa intención antes das 9 da noite de hoxe ( 659855805 e 645158113 ). A volta desde Muros sería ás 6 da tarde.
Unha aperta.