Saltar ao contido principal

A Xunta mantén en residencias casos de emerxencia social e psiquiatría sen atención

 Persoal do centro do Meixoeiro denuncia unha convivencia "insostíbel"


 



https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xunta-manten-residencias-casos-emerxencia-social-psiquiatria-

atencion/20240417072215195679.html

A convivencia é "insostíbel", afirman. "O problema é que existe unha mestura de perfís complexos que deberían ser atendidos por persoal multidisciplinar, especialidazo, e gozar duns protocolos sociosanitarios específicos dos que non dispoñemos do centro", aclaran.

Neste complexo do Meixoeiro contan cos recursos e servizos propios dunha residencia para o coidado de persoas maiores e dependentes, mais desde hai un ano acollen tamén un perfil de usuarios distintos, persoas derivadas pola Xunta da Galiza con trastornos psiquiátricos severos e problemas graves de adicción.