Esta edición de 2024, o Encontro Internacional Acampa pola Paz leva un cartel cun neno palestino como protagonista, dando conta do lema: “Infancia e mocidade refuxiada”
E o comprometido colectivo social quere afondar na masacre que vive Gaza, invitando á cidadanía da Coruña a construír un Memorial da Infancia. Un Memorial que emerxerá no mes de xuño de maneira efémera nos xardíns, á beira do Palco da Música, e nacerá para conmover, remover as conciencias e convidar á reflexión, á vez que servirá para reclamar a fin do xenocidio do pobo palestino.
Así, o programa do Eten previsto celebrar un minuto de silencio o domingo día 9, día da clausura do Encontro, no que miles de coruñeses e coruñesas asistentes a esta cita reflexiva sobre DDHH poidan gritar alto e claro, desde o seu mudez: Non á matanza de máis nenos e máis nenas en ningún punto do planeta!
Como participar no Mural
Para facer realidade este Memorial colaborativo pola infancia requírese a doazón de sabas ou teas brancas sen debuxos, e mans, moitas mans, que axuden a confeccionar as mil pezas que o compoñen, eses simbólicos sudarios con forma de nenos e nenas cos que darlle forma e ser capaces de imaxinar o que supoñen a morte baixo as bombas israelís de máis de 14.000 vidas, truncadas pola barbarie xenocida.
Para saber onde entregar as sabas e os xornais cos que se dará forma interior a cada envoltorio e/ou apuntarse para colaborar na confección dos elementos, debe contactarse coa área de loxística de Rede Acampa pola Paz, en loxistica@edeacampa.org.
Aí daráselles a información necesaria para a entrega de material ou o calendario e lugares onde poder axudar na construción das pezas simbólicas. Rede Acampa confía na resposta cidadá dada a complicidade que cada ano os coruñeses e coruñesas mostran participando no Encontro Internacional que converte a esta urbe nun referente nacional de defensa dos DDHH, o Dereito a Refuxio e a defensa da esencialidad do xornalismo humanitario. Toda a información polo miúdo, nesta ligazón, https://t.ly/ILqVz
A dimensión do que está a acontecer na Franxa de Gaza é tal que o campo simbólico de persoas refuxiadas ao redor do que ano tras ano pivota cada edición do Encontro Internacional tamén reproducirá un campo gazatí. Ou o que queda deles neste momento, despois de meses de bombardeos diarios de Israel unha vez que dirixiron e concentraron a toda a poboación sobrevivente de Gaza neles, nun éxodo sen precedentes.
Máis novas ...
O campo simbólico de refuxiados servirá tamén para mirar a Gaza