As Mulleres do Mundo, marcharemos,
ata que Palestina sexa libre do río ao mar!
Acción solidaria feminista 24 horas seguindo o Sol!
Sábado 30 de marzo de 12 a 13 h.
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra
colocará durante 24 horas unha pancarta na ponte sobre a autovía,
na estrada de San Xoán a San Pedro.
A medida que o sol sae e se pon en diferentes partes do mundo, as nosas voces elevaranse ao unísono, facendo eco das nosas demandas comúns por un mundo mellor.
O 30 de marzo de 2024, as mulleres do mundo seguirán ao sol mentres rodea a Terra durante 24 horas de acción solidaria feminista. Ao mediodía, en todos os fusos horarios do planeta, organizaremos accións feministas para mostrar o noso apoio ás mulleres e ao pobo palestino. Este relevo horario comezará nas illas do Pacífico, continuará por Asia, a rexión MENA e Europa, antes de concluír nas Américas.
Durante 24 horas percorreremos o planeta, atravesando continentes e fusos horarios, para apoiar ás mulleres e ao pobo palestino, e amplificar as súas voces, que reclaman o seu dereito a resistir e loitar pola súa liberdade. Faremos fincapé na necesidade urxente de poñer fin inmediatamente á ocupación e xenocidio israelís.
Estas accións sincronizadas son un poderoso recordatorio da nosa interconexión e da forza que vén da nosa unidade na acción.
Cada hora que pasa renovamos a nosa determinación de desafiar os sistemas patriarcais, desmantelar estruturas opresivas e construír unha sociedade máis xusta e equitativa para todas. Xuntas, marchamos cara ao futuro, guiados pola luz da solidariedade e a promesa dun mañá xusto e igualitario.
Únete a nós nesta viaxe transformadora, seguindo o sol e espallando a mensaxe de esperanza, loita e solidariedade por todos os recunchos do planeta.
MARCHA MUNDIAL DAS M