A PROGRAMA DE ACTIVIDADES – NOTA INFORMATIVA
Dentro do marco de actividades da A. C. FUCO BUXÁN para os próximos días
temos programada unha serie de eventos importantes cos que conmemoraremos
algunhas das datas sinaladas deste MES DE MARZO. Anticipamos contidos e
horarios pero iremos ampliando a información sobre cada un con antelación, en
detalle e polos medios habituais.
-Presentación do libro ROSTROS DA MEMORIA polo seu autor, Xurxo Lobato, en
A Fábrica (Oleiros) o xoves 14, ás 19 h.
-Presentación do DVD e proxección do filme documental 10 DE MARZO con
posterior coloquio co seu director, Roi Cagiao, no Carvalho Calero (Inferniño) o
venres 15, ás 19 h. Entrada de balde
-Presentación do libro titulado VOCES DEL 11M /VICTIMAS DE LA MENTIRA polo
seu autor, Víctor Sampedro, no Centro Cívico de Canido o luns 18, ás 20 h
.
- Presentación do libro FRANCISCO VILLAMIL, en conmemoración do 40
aniversario da Asociación de Amizade Galego-cubana, no Centro Cívico de Canido
o mércores 20, ás 20 h.
- Presentación do libro MEMORIAS ACTIVAS DE LEONARDO DOPICO polo seu
autor no Centro Cívico de Canido o venres 22, ás 19 h.
Agradecendo de antemán a túa participación e a axuda na difusión, aproveitamos
a ocasión para enviarche un cordial saúdo.