O papel xogado por Ferrol na loita pola democracia, pola conquista das liberdades é
parte substancial da nosa Historia. Esta semana temos dúas citas importantes nas que se
escoitará a voz da esquerda: o venres, oito de marzo, conmemoraremos co Día
Internacional da Muller Traballadora a loita das mulleres pola súa participación na
sociedade e o seu desenrolo íntegro como persoas en pé de igualdade cos homes. Dous
días máis tarde, o domingo, conmemoraremos o dez de Marzo do 72, Día da Clase
Obreira Galega.
Dende a A.C. FUCO BUXÁN chamamos á participación nestes dous eventos co
convencemento de que as conquistas democráticas, de mulleres e homes, de
traballadores e traballadoras, de quen nin sequera tivo a oportunidade de selo,
degrádanse cando o fai a soberanía cívica. Vivimos nun intre complicado. A democracia
está sometida ao control oligárquico de poderosos que teñen como gardiáns dos seus
privilexios a unha dereita que non mellora o benestar, ao contrario, dana ao xa de por si
débil Estado Social. Non podemos facer fronte a esta situación cun silencio cómplice, coa
inacción, actuemos sobrepoñéndonos á apatía coa nosa voz na rúa.
A Historia amósanos que o futuro non está predeterminado, depende do noso
compromiso, da nosa acción conxunta e de retomar a iniciativa dende a esquerda por
tanta tarefa pendente, por tantas posibilidades e por tanto futuro por diante. Invitamos a
quen estean de acordo cos nosos propósitos a participar nestas e outras
actividades/iniciativas das que, como sempre, iremos informando.
Ferrol, marzo 2024