Información sanidade galega
Rueda un bo discípulo de Feijoo: Irregularidades e mentiras. Esta semana o Consello de Contas fixo público un informe das empresas ás que a Xunta adxudicou contratos de emerxencia na Pandemia na que figura en segundo lugar, con 10 millóns de euros, unha empresa na que a parella de Ayuso mediou para a compra de material COVID. O pasado 29 de febreiro o presidente da Xunta, aseguraba que fora xa auditada polo Consello de Contas "sen ningún tipo de problema".
https://x.com/prazapublica/
Seguen coas concentracións semanais dos martes diante do centro de saúde de Cangas. Co motivo do 12 de abril Día Internacional da Atención Primaria, A Voz da Sanidade de Cangas, sumase á concentración promovida por SOS Sanidade Pública diante do Parlamento de Galicia e convoca unha concentración ás 20h diante do concello de Cangas para facer unha lectura colectiva das 13 medidas da ILP.