Saltar ao contido principal

Presentación e exposición Galicia en Foco

 Presentación e exposición Galicia en Foco

Recibidos

Asoc Cult Apelón Educación

11:45 (hace 4 horas)
para Asoc, bcc: 
XOVES, 8 FEBREIRO ÁS 19.00 PRESENTAMOS A 32 EDICION GALICIA EN FOCO.
No local da Cofradía de Pescadores Mugardos.

Galicia en Foco serve de recompilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, pero tamén para poñer en valor e espertar o interese do público polos realizadores gráficos, que se recoñezan os seus nomes, a súa profesionalidade e a súa implicación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.

Galicia en Foco nace en Ferrol en 1989. É o primeiro movemento que se realiza dende Ferrol para toda a comunidade autónoma buscando reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia.

exposición estará aberta o venres 9 de 17,30 a 19 horas e o sábado 10 e domingo 11 de 12 a 14 e de 18 a 20 horas.

A entrada é libre e gratuita.

Agardámosvos!

32 Galicia en foco.jpg


Asoc.Cult. Apelón Educación
Rúa Fene, 5
15620 - Mugardos