Saltar ao contido principal

MARZO POR PALESTINA

 Marzo por Palestina

Recibidos

SUG x Palestina sugxpalestina@gmail.com

0:01 (hace 16 horas)
para bcc: 
Bo día!

Como seguro que sabedes, a Semana Contra o Apartheid Israelí (SCAI) é una iniciativa que comezou no 2005 e inclúe conferencias, obradoiros e todo tipo de actividades en espazos académicos nunha semana durante os meses de febreiro e marzo. Pola gravidade da situación, nesta ocasión a Semana Contra o Apartheid Israelí converteuse no Marzo por Palestina: Cese ao Xenocidio, Fin do Apartheid.

Neste documento recollemos as iniciativas solidarias con Palestina que terán lugar durante o mes de Marzo en todos os campus do Sistema Universitario Galego (SUG), así como noutros espazos culturais ou educativos.

Se sabes dunha iniciativa que quererías vincular ao Marzo por Palestina, ou quererías organizar algunha actividade e precisas apoio, enche o seguinte formulario: https://forms.gle/2vr7f742P3v9PmV6A

Aclaración sobre a división de actividades por Campus:

Organizamos as actividades por ámbito de influencia dos campus por practicidade para ter un criterio xeográfico, aínda que isto NON implica necesariamente que todas as actividades que aparezan estean relacionadas con algunha das tres universidades do SUG.

Compartimos con vós un documento provisional onde aínda non están engadidas todas as actividades que temos confirmadas. Agradecemos que se ides organizar algo relacionado coa solidariedade coas palestinas durante o mes de Marzo, enchades este formulario antes do luns 26, xa que queremos publicar o calendario completo canto antes.

Moitas grazas e un saúdo,

En solidariedade,

SUGxPalestina