No día de onte, estaba a piques de facer unha "analise aguda" do 18F cando, ao chegar ao centro de saúde,
atopeime que faltaban a metade dos médicos e a maioría non tiñan substitutos. Pasei entón 50 doentes sen
poder explicarlles a miña dilación ou a demora nas citas do hospital.
Hoxe quería retomar esa "análise aguda" do 18F pero tiven xornada de dobre quenda, que acabo de
rematar despois de 80 pacientes e 12 horas ininterrompidas. No ar esa sensación de "validación
democrática" do desastre.
Aínda así a "análise aguda" decantouse en frases inconexas e unha posdata; xogamos coma nunca e
perdemos coma sempre, "o povo è quem mais ordena", Pedro Sánchez cazador cazado, Touriño foi
presidente con 25 deputados, ao mellor o problema está en quen non asume a subalternidade, etc, etc
Pd: o resultado de Ana e o BNG foi histórico, a constatación de que estivemos con xenerosidade onde
tocaba estar. O cinto soberanista de esquerdas é o porto refuxio contra o mal do aire e as dereitas
extremas,
un camiño a encetar a moitas mans nos vindeiros anos sen apriorismos.
Susana Alaniz: De un médico: