Saltar ao contido principal

Carta ao pobo galego

 




: Bos días 🙋🏻‍♂️ para difundir quen o estime oportuno:

Carta (breve) ao pobo galego, ás organizacións de SOS, e a Rueda tamén de Manuel Martín, voceiro nacional de SOS Sanidade Pública

 📌 GRAZAS AO POBO GALEGO

denunciamos o naufraxio da sanidade, pero alimentamos con esperanza o futuro

: ▶️ O 4 de febreiro de 2024 constitúese como outro día histórico para a Sanidade Pública Galega: por segunda vez en apenas doce meses, SOS e o pobo, fomos capaces de abarrotar as rúas de Santiago de Compostela e a Praza do Obradoiro. 50.000 persoas chegadas dende multitude de vilas, pobos e cidades de Galicia asolagaron de denuncias, pero de esperanzas tamén, as rúas e prazas da capital do país galego.


▶️ Unha marea de persoas, colectivos, plataformas e organizacións políticas e sindicais, expresou a súa repulsa á política de desmantelamento feroz e privatización desvergonzada do noso Sistema Sanitario Público, e puxo enriba da mesa 13 medidas factíbeis de aplicar e que supoñerían unha gran oportunidade para salvar, dignificar e modernizar o propio sistema.


▶️ As persoas, colectivos e organizacións que integran SOS foron quen de superar, como sempre, as súas lexítimas diferenzas para xuntar razóns, forzas e vontades na defensa da Sanidade Pública.


▶️ Esta manifestación unitaria, este clamor xeral, é un claro exemplo para a sociedade galega e unha esperanza para o futuro da Sanidade Pública; demostrouse que é posíbel mudar a ruína, a devastación, o naufraxio do Sistema Sanitario Público coa unidade e a capacidade de obter acordos, mesmo en período electoral, todo iso na idea de abranguer un ben maior e fundamental, e urxente: salvar a Sanidade Pública.


▶️ As plataformas que conforman SOS Sanidade Pública en toda Galicia, a sociedade civil, o pobo que sofre e padece o desmantelamento brutal da súa Sanidade, mostraron ao Partido Popular que ten enfronte a unha gran parte da poboación galega que está disposta a loitar enerxicamente polo seu dereito indelébel á protección da saúde.­