Saltar ao contido principal

16 A niversario do falelecemento de Carmelo Teixeiro

 


Nota do Comité Cidadán de Emerxencia:
O Concello de Ferrol lembróu o 16º aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro, cunha ofrenda floral, do Alcalde e Corporación Municipal en nome do pobo Ferrolán, no parque de Caranza que leva o seu nome. 
“PARQUE CARMELO TEIXEIRO MENÉNDEZ (Mugardos 1937 – Ferrol 2008). O Excmo. Concello de Ferrol en sesión plenaria do 26.02.2009, acordóu nomear este espazo público na memoria deste activista social, sindical e político, que foi Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo seu labor na transición, a súa implicación sindical, a defensa das liberdades e da nosa ría e a súa coherencia na loita polos principios democráticos. 8 de xuño de 2018. Memoria de Ferrol.”
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase a esta lembranza de quen fora o primeiro Coordinador deste Comité e de todas as compañeiras e compañeiros que nos acompañaron nestes 24 anos de actividade en defensa da nosa Ría, da legalidade e da vida das personas que habitan na súa contorna, sempre coa amenaza presente dunha Planta de Gas no centro dela, que, a pesar dos permisos que unhas administracións cómplices lle conceden, segue incumprindo todas as normas de seguridade según demostraron as cinco sentenzas xudiciais en contra dela.
Hoxe cúmprense 16 anos do pasamento de Carmelo pero lembramos tamén a: 
José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada autor do mural contra a imposición de Reganosa, mural que agora se expón no Auditorio Municipal de Ferrol (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe autor do logotipo do Comité (Maio de 2010), José Luís Estévez Barros 'Seli' (Decembro de 2011), Regino Varela (Xullo de 2014), Victoria Fernández Paredes, (compañeira de Carmelo, falecida o 8 de novembro de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017), Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018), Mel Sanxoán (Abril de 2018), Helena Sánchez (Novembro de 2018), Ricardo González Costas (16 xaneiro 2020), Víctor Agulló López (11 de Xullo de 2021),  Eugenio Pereiro Couce (4 de novembro de 2021), Marichy Cuadrado Caruncho (14 de xaneiro de 2022), Antonio Dopico Carro (23 de xaneiro de 2022 e Rafael Pillado Lista (20de febreiro de 2023).
Todas e todos sempre na nosa memoria.