Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN E LEBRANCA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO EN NARÓN. ÁLBUM FOTOS:

 


EXPOSICIÓN E LEBRANCA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO EN NARÓN.
ÁLBUM FOTOS: 
https://drive.google.com/drive/folders/1i9ZiAMaA64jyq-GpZE3VJ__qIutwT_pB?usp=sharing
Hoxe en Narón, organizado polo Concello, coa colaboración da nosa A.C. Memoria Histórica Democrática, celebrouse o Día Mundial en Lebranza das Vítimas do Holocausto. Alumnado do Colexio Jorge Juan de Xuvia asistíu á visita guiada a Exposición “Galegos en Mauthausen”, escoitando as explicacións de Manuel Fernández Pita, Presidente da Asociación e logo trasladáronse ao Salón de Plenos do Concello para proceder ao encendido das seis candeas, unha por cada colectivo represaliado nos campos nazis de exterminio. No acto intervíu a Alcaldesa Marián Ferreiro, o noso Presidente que foi  comentado o significado desta cerimonia, e contou coa música da A.C. Sementeira e a participación de representantes de todos os Grupos Municipais, Profesoras e alumnado do citado Colexio e Directivos/as da nosa Asociación.
Grazas a todos por facelo posible.