Saltar ao contido principal

Conmemorase o 124 aniversario do nacemento de Concepción Arenal

 





O vindeiro mércores 31 de xaneiro de 2024, conmemorarase o 124º aniversario do nacemento na nosa cidade da ilustre ferrolá Concepción Arenal.


O Concello de Ferrol realizará dous actos de lembranza aos que desde o servizo de protocolo do Concello de Ferrol se fará chegar a correspondente invitación.


1) Ás 12h no Salón de Recepcións do Pazo Municipal farase unha lectura dalgúns fragmentos de Concepción Arenal por parte de integrantes da corporación municipal e dunha representación do tecido asociativo da cidade.


2) Ás 13h,  ofrenda floral por parte da corporación municipal nun acto aberto á cidadanía, acompañados pola Banda Municipal de Música diante da casa onde naceu Concepción Arenal ( rúa Real 177)


Por iso, desde a Concellería de Igualdade convídasevos a participar na lectura que se vai a realizar, e para o cal prégase que antes das 12:00 horas do vindeiro venres día 19 nos fagades chegar a seguinte información:


1) As entidades interesadas en ler algún fragmento de Concepción Arenal deberán comunicalo a este mail: casadamuller@ferrol.es


2) Por unha cuestión de aforo as entidades interesadas en asistir ao acto no Salón de Recepcións, aínda que non participen na lectura, deberán comunicalo igualmente ao mail antes mencionado co gallo de facerlles chegar a invitación oficial.



Agradecendo a vosa participación, recibide un cordial saúdo.